Friday 26 de April de 2024

Trenor informa que a Xunta apoiará sete obradoiros de garantía xuvenil na provincia da Coruña cun investimento de máis de 2,5M€


― O delegado da Xunta destacou que nestes talleres formaranse a 111 desempregados menores de 30 anos

― O Goberno galego apoiará a organización destes talleres en Santiago de Compostela, mancomunidade de Ordes, Teo, Rois, A Coruña, Arteixo e Ribeira

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo, informou da resolución dos obradoiros de emprego de Garantía Xuvenil, para mozos e mozas menores de 30 anos. Mediante esta iniciativa a Xunta investirá na provincia da Coruña 2,5 millóns de euros para formar a 111 alumnos-traballadores en sete obradoiros nos concellos de Santiago de Compostela, Teo, mancomunidade de Ordes, Rois, A Coruña, Arteixo e Ribeira.

O delegado do Goberno galego informou desta resolución na visita ao obradoiro dual do ano pasado que está rematando en Arteixo no que se están a formar a 20 desempregados en pintura industrial en construción.

Sobre os novos talleres de formación para 2021 na comarca da Coruña terán lugar dous. Un na cidade da Coruña con dúas especialidades unha de produción fotográfica e outra de dinamización e programación e desenvolvemento de accións culturais e outro en Arteixo de revestimentos con pastas e morteiros na construción. En total formaranse a 32 alumnos, cun investimento de máis de 738.000 euros.

Na área de Santiago a Xunta apoiará un obradoiro en Santiago de Compostela con dúas especialidades, unha en desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxía web e outro de desenvolvemento de produtos audiovisuais multimedia interactivos. A mancomunidade de Ordes tamén contará cunha axuda para programar un taller de fábricas de albanelería e de traballos de carpintería e moble; o concello de Teo centrará o seu obradoiro en programación con linguaxes orientados a obxectos e bases de datos relacionais e finalmente o concello de Rois programará un taller de confección e publicación de páxinas web. En total formaranse a 63 alumnos, cun investimento de máis de 1,4 millóns de euros.

Na comarca do Barbanza, Ribeira porá en marcha un obradoiro de pavimento e albanelería de urbanización. En total formaranse a 16 alumnos, cun investimento de máis de 369.000 euros.

Cando se abra o proceso de selección para o próximo ano realizarase a través das oficinas de emprego. No caso dos obradoiros xuvenís, os participantes deberán tamén estar inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil e as actividades que realicen estarán relacionadas, de ser o caso, coa titulación ou formación previa que posúan. Primaranse a aqueles participantes que non recibiran atención anteriormente no programa de Garantía Xuvenil.